Arquitectos con longa traxectoria no sector da Arquitectura, Construción e o Urbanismo. Con traballos realizados tanto para a Administración Pública coma para o ámbito privado en redacción de proxectos e dirección de obra, en España e Brasil.
O noso traballo céntrase na rehabilitación de vivendas unifamiliares e colectivas, obra nova, aplicación da prefabricación, I+D, obras públicas e o urbanismo.
Especializados no deseño e cálculo de estructuras de edificación, con máis de 30.000 metros cadrados de estructuras calculadas en formigón armado, aceiro e madeira; para proxectos propios e como colaboradores externos de diversos profesionais de varios paises, levados a cabo en parte grazas ás novas tecnoloxías e internet. Neste campo, achegamos a nosa visión como arquitectos na resolución dos problemas estructurais porque entendemos que unha estructura pensada a tempo é mellor estructura e contribúe a mellorar un proxecto.